top of page

RECOÑECEMENTOS

Estatuas

Existen dúas estatuas en homenaxe a Carlos Casares na Praza de San Xosé, en Pontevedra. Unha delas está na propia praza, e a segunda é unha réplica dentro do Café Moderno.

Salóns e placas

En Catoira, Pontevedra, déuselle o seu nome ao Salón de Plenos do Concello. Tamén se lle adicaron varias placas conmemorativas na Sala de Tertulias do Liceo de Ourense, Pobra de Trives, Pobra do Caramiñal, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia e na Cafetería Monterrei en Baiona, a onde asistía con frecuencia.

Prazas e rúas

 

Existen prazas homenaxeándoo en Xinzo da Limia, Nigrán, Santiago e Ferrol, así como rúas en Ribadavia, A Coruña, Carballo, Ribeira, Lalín, Cangas, Narón e Monforte de Lemos.

Tamén na Coruña, hai un parque co seu nome.

Centros de ensino

 

En Vigo, Alxén, Nigrán, Xinzo de Limia e Viana do Bolo nomeáronse institutos referenciándoo. Este último é o mesmo no que deu clase e foi expedientado baixo a acusación de ser comunista.

Fundación Carlos Casares

 

A Fundación foi creada o 15 de xullo de 2002, impulsada pola familia e amigos. En setembro foi constituída legalmente e comezou as súas actividades o ano seguinte.

Os seus principais obxectivos son difundir a obra de Carlos e os seus valores, así como contribuír a normalización lingüística do galego.

bottom of page