

-ESCRITOR E COLUMNISTA-
CARLOS CASARES
NARRATIVA ADULTA

Ilustrísima
ISBN 978-84-8288-733-3
O cine chega a un pequeno pobo de Galicia, desatando un conflito entre os sectores máis conservadores do clero e o bispo, máis aberto. Ademais dunha crítica social a novela actúa coma homenaxe ao cine.
“Unha declaración de amor polo cine.” - Miguel Anxo Fernández

Os escuros soños de Clío
ISBN 978-84-8288-961-0
A novela componse dun conxunto de relatos breves de ficción histórica, nos que aparecen viquingos, inquisidores, republicanos ou fidalgos.
“…bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura.” - Gonzalo Torrente Ballester

O sol do verán
ISBN 978-84-8288-668-8
A última novela escrita por Carlos Casares, entregada na editorial Galaxia o día anterior á súa morte e publicada póstumamente.
Narra o suicidio dun xoven de 27 anos, así como os recordos sobre el de Helena, quen o atopou morto.
"Un romance de madurez, que te engancha dende a primeira páxina." - Víctor F. Freixanes, escritor e editor

Deus sentado nun sillón azul
ISBN 978-84-8288-855-2
Representa todas as tensións da posguerra e a represión do réxime franquista, a través da digura dun escritor arrepentido polas súas accións.
"A voz narrativa feminina e o protagonista forman un dúo que debería pasar á historia da literatura galega." - Dolores Vilavedra

Cambio en tres
ISBN 978-84-8288-670-1
Un monólogo interior vangardista acerca da violencia normalizada coa familia e os compañeiros durante a ditadura. O protagonista é un emigrante que regresa a Galicia para o enterro dun amigo.
"Fúndense o presente, o pasado lexano e o pasado inmediato; reconstrúense estruturas económico sociais que empurran ao éxodo da emigración." - Benito Varela Jácome

Xoguetes para un tempo prohibido
ISBN 978-84-8288-857-6
A vida de Elías Paz, dende a nenez ata a universidade. É a novela máis experimental de Carlos Casares, e o tema principal é a violencia, coma en toda a Nova Narrativa Galega.
“Unha narración hábil, alonxada do tradicional xeito de contar.” - Camino Noia
NARRATIVA INFANTIL

A galiña azul
ISBN 978-84-8288-857-6
Un dos seus libroa máis coñecidos. Trátase dunha novela epistolar dirixida a unha nena na que aparecen personaxes moi característicos e sorprendentes, cun mensaxe implícito en contra da intolerancia.
"Un libro fermosísimo, sinxelo, profundamente humano, divertido e ateigado de tenrura." - Fran Alonso

As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
ISBN 978-84-8288-857-6
Unha obra de teatro humorística influenciada polo surrealismo e o cine. O nacemento dun limoeiro que da laranxas, así como a aparición de máis personaxes peculiares, déronlle a victoria no Concurso de Textos Teatrais O Facho en 1973.
"Tremendamente áxil, cun ritmo vertixinoso que nos introduce velozmente nas divertidas e escuras entrañas do absurdo." -
Fran Alonso

O can Rin e o lobo Crispín
ISBN 978-84-8288-857-6
Protagonizada por un can que sabe falar en varios idiomas e un malvado lobo, emprega recursos surrealistas nun ambiente rural, e amosa características do relato oral.

A serie de Toribio
ISBN 978-84-8288-857-6
Un conxunto de cinco volúmenes acerca dun enxeñoso neno de oito anos que sorprende coas súas invencións. A saga completa foi reeditada pola editorial Galaxia en febreiro de 2017.

Lolo anda en bicicleta
ISBN 978-84-8288-857-6
Narra a historia dun neno que quere unha bicicleta como agasallo de reis, pero nunca a recibe e decide aprender coa do seu pai. Un canto á liberdade e ao gozo das cousas máis sinxelas.
ENSAIO E PERIODISMO

Curros Enríquez
Preséntaselle ao lector a figura de Curros, a través dun estudo da súa significación literaria e da reproducción da súa obra máis significativa.
O expreso da literatura
Unha escolma de artigos e conferencias sobre escritores como Albert Camus, Castelao, Ánxel Fole, Torrente Ballester, Valle-Inclán e Brice Echenique. Tamén hai reflexións sobre as tertulias en Pontevedra, as cidades de Vigo e Ourense, e sobre o pasado e o futuro do idioma galego.
Á marxe
Un recopilatorio de todas as columnas que Carlos escribiu na Voz de Galicia, e o converteron nunha figura popular.