

-ESCRITOR E COLUMNISTA-
CARLOS CASARES

BIOGRAFÍA
- ANOS 40 -
Carlos Casares naceu en Ourense, o 24 de agosto de 1941. Con 4 anos marchou a Xinzo da Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre.
O ambiente rural e labrego tería posteriormente unha importante influencia na súa obra, e aparecería numerosas veces.
- ANOS 50 -
En 1952 ingresa Seminario de Ourense, impulsado polo catolicismo da súa nai, pese á oposición do pai. Alí comeza a escribir e a interesarse pola literatura clásica, a pesar da represión lingüística.
Dirixiu en clandestinidade o xornal El Averno, e finalmente abandonou o Seminario para estudar o bachalerato por libre.
- ANOS 60 -
Tras gañar un concurso literario comeza a asistir a faladoiros con outros escritores como Vicente Risco. En 1962 viaxa a Santiago para estudar e introdúcese na poesía.
Comeza a súa traxectoria como escritor publicando coa editorial Galaxia a súa primeira novela, Vento ferido, seguida de A galiña azul e Cambio en tres.
Da clases no Colexio Público de Viana do Bolo, pero é acusado de comunista e impídeselle exercer a docencia.
- ANOS 70 -
En 1971 coñece nun tren a Kristina Berg, a que sería a súa muller pouco despois. Comeza a colaborar coa prensa, escribindo dende 1975 a sección "A ledicia de ler" na Voz de Galicia.
Nos últimos anos do franquismo é expedientado xunto con Méndez Ferrín e outros autores. Publica Xoguetes para un tempo prohibido e Ilustrísima.
Ingresa na RAG en 1977
- ANOS 80 -
En 1982 é elixido como deputado ao Parlamento de Galicia no Partido Socialista. A súa obra popularízase e comeza a traducirse ao castelán.
O ano seguinte viaxa a Rusia convidado pola Unión de escritores da Unión Soviética, impartindo conferencias.
En 1985 comeza a facerse cargo da editorial Galaxia.
- ANOS 90 E SÉCULO XXI -
Comeza a publicar diariamente a súa columna "Á marxe" na Voz de Galicia, que tivo gran éxito. Así pasa de ser únicamente un escritor a unha figura pública querida.
Falece en Vigo o 9 de marzo de 2002, posteriormente publícase O sol do verán e créase a Fundación Carlos Casares.